O venres 12 de abril, o noso colexio recibiu a un gran número de centros para disputar un torneo comarcal de bádminton. Foi unha xornada divertida onde un gran número de xogadores e xogadoras gozaron deste deporte. Ademais, o noso colexio conseguiu unha medalla de bronce para a alumna Mira Rios Alonso de 3º de Primaria.
A Biblioteca do Rato
Ceip Rogelio García Yañez de Ramirás.
jueves, 25 de abril de 2024
miércoles, 24 de abril de 2024
SIMULACRO
domingo, 21 de abril de 2024
TORNEO DE FÚTBOL SALA
Hai uns días xogamos un
torneo de fútbol sala en Celanova. Pasamos un intre moi agradable xogando e
vendo xogar aos outros equipos.
miércoles, 17 de abril de 2024
POBO-ESCOLA LODOSELO
O pasado 12 de abril o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitou o pobo-escola de Lodoselo.
Empezamos a mañá amasando o pan, e
mentres fermentaba cambiamos de prado a un grupo de ovellas e démoslles de
comer. Tamén puidemos dar un paseo en carro e coñecer ao único burro que queda
na aldea. Unha vez que o pan fermentou, metémolo no forno para que estivese
listo para a hora de irnos. Visitamos un xardín sensorial e estivemos en
contacto cos señores e señoras do Centro de Día.
Para terminar o día faláronnos da
importancia de coidar os nosos bosques e puidemos levarnos a casa un carballo
para plantar, ademais do bolo de pan que fixemos.
Pasámolo xenial e ademáis viñemos
coas mans cheas.
lunes, 8 de abril de 2024
COIDAMOS DOS NOSOS MONTES
O pasado venres visitáronnos dous axentes forestais. Aprendemos unha chea de cousas con eles e responderon a todas as nosas dúbidas, foron moi agradables. Ademais, para terminar plantamos no patio do colexio dous castiñeiros. Temos moitas ganas de velos medrar.
jueves, 4 de abril de 2024
DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE
O último día os nenos e nenas de Infantil fixeron unha procura de oviños de chocolate polas zonas verdes do noso recinto escolar. Pasárono xenial e nós tamén porque compartiron cos profes e co alumnado de Primaria todo o que atoparon.
miércoles, 13 de marzo de 2024
8 M
Este ano, no cole, dedicámoslle o Día da Muller a todas as avoas. Quixemos conmemorar mediante a figura das avoas a todas as mulleres que loitaron pola igualdade de xénero e así agradecerlles todo o que fixeron por nós.
Tamén, mediante un teatro de
monicreques contamos a historia de DANIELA PIRATA. Unha historia dedicada a
todas as nenas do mundo, para que nunca ninguén lles diga o que poden ou non
facer.
lunes, 11 de marzo de 2024
HUGO
Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria,
acudiu ao auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Hugo. Unha peza
teatral que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferente.
lunes, 4 de marzo de 2024
REFRÁNS SOBRE O TEMPO E O CLIMA
Grazas ao alumnado do centro e ás súas familias temos un novo libro na nosa Biblioteca. Un libro cheo de refráns que nos enche de sabedoría popular sobre o tempo e o clima.
Pulsando nesta imaxe podédeslle
botar unha ollada.