viernes, 27 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO




Vista previa


Na biblioteca do Rato celebramos o Día do Libro coas seguintes actividades:

_ Contacontos. Aida e máis Lara, dúas nenas do terceiro ciclo de primaria, contáronlles aos seus compañeiros a historia  O PAÍS DOS MANDÓNS.
http://www.youtube.com/watch?v=O98iBSmJNZk&feature=relmfu

_Ós alumnos/as do primeiro grupo de primaria gústalles moito dramatizar contos e esta vez a cousa ía de ratos e gatos. Podedes velos no seguinte enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=clkIU7K3K-8

_E para rematar, unha actividade que lles gusta moito ós cativos: apadriñamentos lectores. Os máis maiores léronlle un conto ós máis pequenos. Como o tempo non axudou e non puidemos saír ó patio para ler, cada parella escolleu o sitio que quixo: o corredor, as escaleiras, unha aula... pois calquera sitio é bo para ler.
Día do Libro on PhotoPeach


martes, 3 de abril de 2012

RECITADO DE POEMAS

Deixámosvos a continuación o recitado de poemas que fixeron os alumnos para celebrar o día da Poesía.