lunes, 9 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS

Estas semanas traballaremos coa figura de Manuel María. Para iso dende as distintas clases repasaremos a súa biografía a través dos carteis informativos que a Consellería de Educación proporcionou e que xa están expostos no colexio á disposición do alumnado. Do mesmo xeito, traballaremos coas actividades en liña que nos proporciona o Seminario Galán e podedes acceder dende o seguinte enlace:

http://seminariogalan.org/inicio/portada


Un ano máis asistiremos aos Encontros de Teatro Escolar e Amateur que organiza o Concello de Bande, onde os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria representarán a obra teatral: " Aprende Cachola, que estamos na escola"

Este ano, por primeira vez, iremos de invitados ao Festival das Letras Galegas que organiza o Ceip San Marcos do concello veciño de Cartelle.


No hay comentarios: