jueves, 2 de junio de 2016

CADERNO DE PINTORES

Un dos traballos propostos para o proxecto artístico no que traballamos este curso foi a elaboración dun Caderno de Pintores. Este caderno recolle un pequeno percorrido pola historia da pintura universal e as biografías dos pintores que estudamos durante o curso e que ao longo del fomos subindo ao blog. Esta sería a parte teórica do proxecto. A parte práctica, xa a mostramos, en todos os  cadros e manualidades que fixemos seguindo as técnicas e correntes artísticas dos pintores a seguir, pero unha vez máis invitámosvos a que visites a nosa Galería de Arte Rogelio García Yáñez e observedes os pequenos artistas que xurdiron este ano no noso cole.

 

No hay comentarios: