lunes, 12 de septiembre de 2016

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO RATO

Empezamos con forza e con moitas ganas de iniciar o novo proxecto que leva por título: "A pintura e escultura como fomento da creatividade". Este proxecto é continuidade do que iniciamos o ano pasado "A pintura como linguaxe da luz e das cores" onde estudamos fundamentalmente pintores universais e reproducimos as súas correntes nos cadros que decoran a Galería de Arte Rogelio García Yáñez. Desta volta centrarémonos en pintores galegos e iniciarémonos na escultura.
Dende a Biblioteca do Rato damos unha benvida especial aos novos alumnos/as que se incorporan ao centro así como a todos os alumnos/as e a toda a comunidade educativa que forman esta gran familia.
Desexámosvos un feliz inicio de curso!!


Como novidade este ano creamos unha conta de facebook da nosa biblio coa finalidade de difundir as nosas actividades, anunciarvos todas as novas que vaian xurdindo e invitarvos a participar en actividades así como a visitar o blog.
A que esperas; búscanos en facebook!!  A Biblioteca do Rato.



No hay comentarios: