viernes, 29 de enero de 2016

FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ.

No día de hoxe recordamos a importancia de que a PAZ triunfe no mundo e para contribuír a logralo os nosos alumnos/as fixeron de contacontos; os alumnos de 1º e 2º contáronnos o conto de Elmer, Analía, de 4º O País dos mandóns e os alumnos de 5º e 6º A bruxa discordia. Recitamos algún que outro poema, cantamos  a canción de Pablo López e Juanes "Tu enemigo" e finalizamos a xornada coa entrega do Premio Nobel da Paz aos elexidos polos seus compañeiros previa elección.

Deixámosvos unha selección de fotos do fantástico día


Os alumnos/as de 1º e 2º contando o conto de ELMER.


Analía contando o PAIS DOS MANDÓNS




Pola semana dende a Biblioteca os alumnos de 3º, 4º e 5º imaxinaron que tiñan unha variña máxica ou que eran alguén moi importante e construiron o seu mundo ideal onde a PAZ era a protagonista.
Podedeslle botar unha ollada os seus traballos.





PACO NOGUERIAS VISITA A BIBLIOTECA DO RATO

Pola tarde Paco Nogueiras visitou a nosa biblio e disfrutamos dunha xornada do máis divertida escoitando contiños e cantado as súas cancións  ao son do seu uquelele e do seu acordeón.


miércoles, 27 de enero de 2016

ENTROIDO

Un ano máis o noso Ratiño é o encargado das ordes do ENTROIDO. Como este ano, o proxecto da nosa biblio é a Arte e a Pintura, e estamos convertidos nuns auténticos pintores estudando e levando á práctica as súas correntes e técnicas o Rato proponnos disfrazarnos de pintores coas súas vestimentas e accesorios.
Poñédevos a deseñar e a buscar pinceis, paletas, a boina do avó unha camisa ou unha bata, unha boa maquillaxe e listo! Xa somos uns auténticos artistas!!








martes, 26 de enero de 2016

O CADRO DOS CÍRCULOS DE KANDINSKY

Para traballar as técnicas de Kandinsky decidimos facer unha réplica do seu cadro dos círculos que decora a entrada do colexio.

Tamén decoramos a nosa árbore seguindo esta técnica.



jueves, 21 de enero de 2016

ACTIVIDADES 29 DE XANEIRO

O próximo venres 29 de xaneiro festexaremos o Día da Paz coas seguintes actividades:

- Representación teatral do libro: "A bruxa discordia".
- Contacontos : "O país dos Mandóns" e "Elmer"







- Cantaremos a canción "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes.




- Elección do premio Nobel da Paz despois de facer a elección dos candidatos en cada clase.



- Pola tarde,  disfrutaremos coa actuación de Paco Nogueiras autor do cd " Brinca Vai"


miércoles, 13 de enero de 2016

KANDINSKY



Se no anterior trimestre lle tocou a Picasso neste iniciámonos con Kandinsky.
Déixovos un enlace coa súa biografía e outro coas súas obras.
En breve, subiremos o traballo que estamos a preparar seguindo as súas correntes.










viernes, 8 de enero de 2016

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE ARTE


Xa temos a vosa disposición uns cantos libriños de arte, de grandes pintores e de manualidades para que descubrades os grandes secretos e vos poidades convertir en grandes artistas. Non hai excusas para non intentalo!! Estanvos agardando!!