miércoles, 30 de noviembre de 2016

NOVIDADES

Presentámosvos os novos libriños  que acaban de chegar A Biblioteca do Rato. Esperamos que vos gusten e que os leades todiños.



miércoles, 23 de noviembre de 2016

LECTURAS DE NADAL

Xa é tempo de Nadal e que mellor xeito de combatir estes días de frío que cunha boa lectura.
Temos unha exposición de libros de Nadal á vosa disposición para que gocedes de aventuras con bonecos de neve, renos, Papá Noel, Os Reis Magos, e mesmo co Apalpador das montañas galegas.

Neste Nadal , unha lectura quentiña!!


jueves, 10 de noviembre de 2016

MAGOSTO

Hoxe, xoves 10 de novembro, víspera do San Martiño, festexamos o Magosto como se merece. Gozamos dun extraordinario xantar a base de chourizo, churrasco, bica, chocolate e moitas castañas.
Despois deste suculento xantar xogamos aos xogos típicos como o encesta castañas, as carreiras de sacos e a facer torres de carozos de millo. Finalmente queimamos os nosos medos na fogata, saltámola e pintámonos coa cinsa como manda a tradición.
Así de ben o pasamos!



viernes, 4 de noviembre de 2016

O NOSO APOIO A NAHIR

Dende a biblio tamén reciclamos e sumámonos a colaborar na recollida de tapóns.
Neste caso, todos os tapóns de plástico que fomos recollendo e traendo das nosas casas, foron hoxe entregados  a unha nena de Pontevedra que se chama Nahir. Con esta cantidade queremos axudarlle a Nahir a facer a gran montaña que necesita para conseguir a rehabilitación específica que precisa.
Seguiremos a recoller máis tapóns para seguir colaborando!!


O NOSO SAMAÍN NO XORNAL

O mércores saíu un resumo da nosa festa de Samaín no suplemento "Xornal Escolar" da Región.
Ahí van as imaxes!!



jueves, 3 de noviembre de 2016

LUIS SEOANE

Como xa sabedes, o ano pasado traballamos, estudamos e reproducimos as técnicas de pintores universais e este ano o PDI no que andamos a traballar leva por título "A pintura e escultura como fomento da creatividade" e trataremos de plasmar as correntes artísticas de pintores galegos, da nosa terra. 
Deste xeito, comezamos con Luis Seoane. Aquí tendes a biografía, o mural cos cadros exposto na nosa biblio e un vídeo cos seus cadros.