viernes, 27 de enero de 2017

NO PLATÓ DE TELEMIÑO

Por terceiro ano consecutivo participamos no  programa "Xornal Escolar" de Telemiño e hoxe venres acudimos ao plató para gravar o programa que se emitirá o próximo 4 de febreiro.

Desta volta, a entrevistada foi a nosa directora Encarna, que pasou as probas  e respondeu as preguntas de Dania, Analía e Jose Antonio. Pasámolo xenial cos nosos, xa amigos de Telemiño, que un ano máis  fixéronnos disfrutar dunha experiencia inesquecible xa que poidemos coñecer a mascota do Clube Ourense Baloncesto, O Lobo e participamos nunha solta de globos como conmemoración do Día da Paz.

Déixovos unhas fotos do MAKING OFF para que vexades o ben que o pasamos.







No hay comentarios: