martes, 31 de octubre de 2017

UN GRAN SAMAÍN

Hoxe martes 31 de outubro festexamos a gran festa de Samaín como ben se merece. 
Como cada ano todos acudimos ao cole disfrazados para a ocasión e o cole quedou cheiño de; bruxiñas, vampiros, zombis e demais seres do máis terroríficos.
Á primeira hora da mañá gozamos vendo unha peli de terror e despois do recreo comezou a aventura: obradoiros artísticos de samaín onde fixemos arañas e pantasmas con chupas e piruletas e un bolso en forma de araña para gardar as lambetadas de Samaín. 
Tamén o pasamos xenial na sección de xogos terroríficos mentres esperabamos a nosa quenda para ir ao ansiado túnel da bruxa. 
Este ano o túnel contou con algunha que outra novidade coma un arrepiante cemiterio cheo de espíritos vagando polas súas almas. Os máis valentes quedaron tan encantados que repetiron!!
Para repoñer forzas degustamos un menú terrorífico á base de crema de cabaza da misteriosa horta de Frankestein, ollos sanguentos na súa tinta, dedos mortíferos e tarta de nido de sucios vermes.
Este Samaín foi especial porque un equipo de reporteiros de telemiño acudiu ao cole para filmar toda a nosa festa así como as nosas caras cheas de emocións que quedarán reflectidas na reportaxe que se emitirá na súa canle. 
Hoxe foi un gran día onde a convivencia e as emocións foron a nosa mellor aprendizaxe e o medo sen dúbida o gran protagonista.


A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

No hay comentarios: