viernes, 23 de febrero de 2018

PARABÉNS ROSALÍA

Hoxe rendemos homenaxe á nai das nosas letras, a loitadora que rexurdiu a lingua galega!!

PARABÉNS ROSALÍA!! 

Nesta oacasión escribimos os seus versos para decorar as ventás,  #AbridedeAsFiestras, seguindo a idea que propón a AELG e despois fixemos un libro de poemas para a nosa biblio.
Así o fixemos e así nos quedou!!




A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 19 de febrero de 2018

ROSALÍA DE CASTRO


Esta semana dende as clases de lingua galega rendiremos homenaxe á nai das Letras Galegas, ROSALÍA DE CASTRO.
Repasaremos a súa biografía, andanzas así como os títulos dos seus libros máis importantes. Cada clases traballará un poema e cada alumno decorará unha estrofa do poema para compoñer un libro para a nosa biblio.
Podedes escoitar os seus poemas musicalizados así como a súa biografía nos seguintes enlaces.












A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN

Seguimos embarcados na nosa aventura dando a volta ao mundo.
Neste trimestre estamos estudando Estados Unidos, Corea-Xapón e Francia.


viernes, 9 de febrero de 2018

ENTROIDO

Esta foi unha especial semana de Entroido. Coma todos os anos o noso Ratiño foi o encargado de dar as ordes e este ano o fútbol foi o protagonista e tocou vestirse de futbolistas.
Dende as distintas clases estudamos e pintamos as máscaras máis características do Entroido así como as comidas máis tradicionais.
Hoxe venres gozamos dunha bonita xornada de Entroido. Todos disfrazados decoramos as olas, os máis maiores xogaron con elas e os máis pequenos tocoulle achegarse as piñatas e tentar rompelas.
Así de guapos estabamos e así de ben o pasamos!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free photo slideshow by Smilebox

viernes, 2 de febrero de 2018

ESTE ENTROIDO VAI DE FÚTBOL

No entroido de RAMIRÁS, o Rato manda e ninguén máis!!

Como ben sabedes este ano a ventura do proxecto vai de fútbol así que o Ratiño para este Entroido quere que nos vistamos coma el para animar e seguir á selección española!!
Preparade as vosas camisetas, pantalóns e demais accesorios de fútbol e lembrade que no Entroido todo vale, así que podedes pintar e decorar as vosas camisetas e pantalóns para a ocasión!!